”Coñéceche a ti mesmo”, un dos aforismos máis famosos da Historia, estaba no pórtico de entrada do templo do deus Apolo, en Delfos.

Presencial – Aforo limitado.

Consegue a túa entrada: https://bit.ly/3n3jiqb

”Coñéceche a tí mesmo”, un dos aforismos máis famosos da Historia, estaba no pórtico de entrada do templo do deus Apolo, en Delfos.
Esta frase era repetida constantemente por Sócrates, aquel filósofo que se dedicaba a interrogar ós sofistas, personaxes da súa época que afirmaban posuír moitos coñecementos e que, logo de dialogar con aquel buscador da verdade, eran obrigados a recoñecer a súa ignorancia.

“Coñéceche a tí mesmo” é o reclamo e a resposta para o que ten os oídos e os ollos da alma espertos. Máis aló do espazo e do tempo, esta sinxela frase ten, tal validez inmortal que despois de máis de dous mil cincocentos anos non perdeu un chisco da súa vixencia.

Sí, hoxe, ao comezo do Terceiro Milenio, co vertixinoso avance da cibernética e as comunicacións, coas computadoras e os satélites. Na época da globalización da información, cada vez son máis os mozos que buscan a verdade, cada vez son máis os que preguntan ós adultos sen atopar respostas, non se trata de unha maior ou menor información que pode brindar un aparello de televisión ou un computador. É algo máis profundo e transcendente, que non se absolve cunha actualización de datos. Non! Ningún instrumento da nosa avanzada tecnoloxía pode axudarnos en tan esencial inquietude. Non é cuestión de avance científico. É cuestión de humanidade.

O reclamo de Sócrates segue chamando a todo aquel que quere ser dono do seu destino.