Presentación: Mércores 10 de abril, ás 19:00 horas.

Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/4bxMzQK

Duración: 12 – 14 clases, os mércores de 19:00 a 20:30 horas.

TEMARIO:

1. Colleitando ideas

Empezarás descubrindo onde podes atopar ideas inspiradoras que se convertan no xerme da túa próxima novela.

2. Un bo argumento

Aprenderás que do acertado do argumento depende o éxito da novela, a aceptación do lector. Un bo argumento é mesmo máis importante que unha boa escritura.

3. Planificando a trama

Descobre cal é a estrutura clásica dunha trama e como podes aplicala a calquera das túas ideas en proceso.

4. Personaxes inesquecibles

É o momento de que decidas quen é o protagonista da túa historia e que personaxes van levar o peso da acción.

5. Narrador e punto de vista

O narrador é unha figura que, como escritor, interpoñerás entre ti e o lector. Será el quen conte a historia e neste módulo aprenderás como traballalo a conciencia.

6. Diálogos

O diálogo é parte fundamental de calquera historia e ten varias funcións. Vas aprendelas todas ao longo deste módulo.

7. Traballando a trama

Chegou a hora de preparar o armazón da túa novela para empezar a construír sobre el. Coñecendo o esquema preliminar, é o momento de definir o conflito e outros elementos importantes que sustentan a trama da túa novela.

8. Estruturas narrativas

Estudarás diferentes tipos de inicio e estrutura para a túa novela. Así poderás elixir a que mellor se adapte á historia que queres escribir. Para seguir profundando verás en que consisten algúns elementos que sustentan a trama e reálzana, así como estruturas de apoio.

9. Capítulos e escenas

Neste módulo descubrirás os compoñentes máis pequenos que forman a túa novela, así como a ordenalos e desenvolvelos.

10. Causalidade, nunca casualidade

Non é fácil deixar claro por que suceden as cousas nunha obra de ficción, verdade? Neste módulo aprenderás a facelo de forma coherente.

11. Dosaxe da información

Verás que, entre tanta información, sempre hai que elixir que contar e que non, para que o teu lector poida discernir que é o realmente importante.

#tallerdeescritura #escrituracreativa #vigo #vigocultura #tallerliterario #tallerdeescrituracreativaenvigo #vigoescribe